O proxecto Formación Dixital chega ao seu fin. Xa só quedan unhas semanas para poder inscribirse e estar entre as máis de 36.000 persoas que adquiriron esta formación en competencias dixitais intermedias.
Formación Dixital é un programa en competencias dixitais intermedias da Xunta de Galicia, financiado con Fondos Europeos Next Generation. Trátase dunha formación 100% gratuíta, 100% en liña e 100% titorizada. Ti marcas o ritmo, as persoas titoras acompáñante e non che custa nada.
Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos e axúdache a desenvolverte de maneira autónoma e sinxela nos diferentes procesos dixitais. Nun máximo de 8 semanas estarás en condicións de demostrar as túas destrezas en competencias dixitais.
Se queres estar entre as persoas elixidas para adquirir destrezas en competencias dixitais intermedias nas próximas semanas, non o dubides: inscríbete hoxe mesmo en Formación Dixital, porque esta é a nosa última chamada.
Adxudicaremos as últimas prazas por rigorosa orde de inscición.

