Que é
FormaciónDixital?

Ilustracion n5

É un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital.

  • Está acreditado pola Xunta de Galicia.
  • É 100% gratuíto, 100% online e 100% titorizado.
  • Está enfocado a toda a cidadanía.
  • Está 100% financiado con Fondos Next Generation UE.
Ilustración n7

Por que cursar
FormaciónDixital?

1. Mellorarás no teu día a día e resolverás situación cotiás como:

  • Realizar os trámites coa Administración pública.
  • Crear e xestionar as túas redes sociais.
  • Coñecer as principais ferramentas de seguridade.
  • Ampliar o teu mercado laboral, utilizando aplicación e programas.
  • E moitas máis habilidades dixitais que che facilitarán a vida.

2. Obterás un diploma acreditativo ao finalizar a formación emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

3. Conseguirás a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix(*). (*)Este programa formativo non outorga directamente a certificación ComDix, pero sí é unha preparación para o mesmo. Para a súa obtención é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas directamente pola Amtega.

CERTIFICACIÓN GALEGA EN COMPETENCIAS DIXITAIS

Que é e para que serve o certificado ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais que promove a Xunta de Galicia e que acredita o nivel que ten unha persoa para empregar as tecnoloxías dixitais no ámbito persoal, social e profesional de forma efectiva, segura e cívica.

Esta certificación sevirá para demostrar ante calquera institución, empregador ou persoa o noso nivel e aptitude no uso das tecnoloxías dixitais e terá un periodo de validez máximo de cinco anos desde a data da súa obtención.

A súa regulación normativa vén recollida no DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro do 2021).

As Competencias
Dixitais

Ilustracion n4

As competencias dixitais fan referencia á capacidade que unha persoa ten para utilizar tecnoloxías dixitais de maneira efectiva e segura co fin de comunicarse, acceder á información, resolver problemas e crear contido.
Na actualidade, a tecnoloxía xoga un papel moi importante polo que estas habilidades son cada vez máis significativas.

As competencias dixitais son esenciais para participar activamente na sociedade dixital e para adaptarse a un mundo laboral que se encontra en constante evolución.

Unha persoa que posúa estas habilidades poderá ter unha mellor produtividade, creatividade e capacidade de aprendizaxe.
O mundo cada vez está máis dixitalizado polo que as competencias dixitais permitirán que te desenvolvas cunha maior soltura aumentando a túa capacidade para aproveitar as infinitas posibilidades que ofrece a tecnoloxía.

INSCRÍBETE XA
Abrir chat
+ Info sobre Formación Dixital
FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.