Sen que teñas que acudir a ningunha administración, sen necesidade de que teñas que mercar o décimo… ¡xa che tocou a lotería!.

Formación Dixital é un programa en competencias dixitais intermedias ao que xa se sumaron máis de 20.000 persoas.

A elas xa lles tocou a lotería, porque a través de Formación Dixital poden acreditar o seu coñecemento e capacidades en competencias dixitais intermedias, onde corresponda.

Aproveita esta lotería, mergúllate en Formación Dixital e nun prazo máximo de 8 semanas terás superado un itinerario formativo de forma áxil e sinxela.

O proxecto da Xunta de Galicia e financiado por Fondos Europeos Next Generation é unha formación 100% gratuíta, 100% en liña e 100% titorizada. Ti marcas o ritmo, os titores acompáñante e non che custa nada.

Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos, e axudarache a desenvolverte de forma autónoma e solvente nos diferentes procesos dixitais.

Aprende e prepárate para estar entre os mellores.

FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.