Os propósitos para o novo ano son intencións que nos axudan a retarnos a nós mesmos coa finalidade de mellorar. Desde Formación Dixital axudámosche a cumprilos a través dun proxecto formativo innovador, atractivo e que che permite medrar a nivel persoal e profesional.
Formación Dixital é un programa de competencias dixitais intermedias ao que xa se sumaron máis de 20.000 persoas, que xa cumpriron un dos seus propósitos.
A través de Formación Dixital podes acreditar os teus coñecementos e capacidades en competencias dixitais intermedias ante calquera administración e na túa vida diaria, para afrontar procesos cada vez máis habituais.
Mergúllate en Formación Dixital e, nun prazo máximo de 8 semanas, terás superado un itinerario formativo de maneira áxil e sinxela.
O proxecto da Xunta de Galicia, financiado con Fondos Europeos Next Generation, é unha formación 100 % gratuíta, 100 % en liña e 100 % titorizada. Ti marcas o ritmo, terás a axuda dun titor e non che suporá ningún custo.
Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos e axudarache a desenvolverte de maneira autónoma e solvente nos diferentes procesos dixitais.
Aprende dunha maneira divertida e prepárate para estar entre os mellores.
Inscríbete e comeza cumprindo o mellor dos propósitos.

