- As probas para o ComDix Intermedio terán lugar os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro
O proxecto Formación Dixital da Xunta de Galicia é unha excelente opción para prepararte para a obtención da Certificación galega en competencias dixitais de nivel intermedio (ComDix Intermedio). As probas para acreditar os coñecementos deste nivel terán lugar os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro.
Aínda estás a tempo de superar as probas con éxito e conseguir o certificado ComDix Intermedio, porque desde Formación Dixital axudámoste a acreditar os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais tanto a nivel persoal como social ou profesional.
Prepárate a través de Formación Dixital e realiza, nun máximo de 8 semanas, unha formación 100% gratuíta, en liña e titorizada, aprendendo mentres te divertes.
Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos, e axudarache a desenvolverte de forma autónoma e solvente nos diferentes procesos dixitais.
A través de Formación Dixital traballarás contidos formativos para a preparación da proba, que abranguen as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de Competencias Dixitais.
Se queres a mellor preparación para o ComDix Intermedio, Formación Dixital é a túa mellor aliada.
Aprende desfrutando e prepárate para estar entre as e os mellores.
Máis de 10.000 galegas e galegos xa forman parte de Formación Dixital!

