Se te preguntas como mellorar as túas destrezas profesionais dun xeito sinxelo, atractivo e dinámico, temos a fórmula: Formación Dixital.
Formación Dixital axúdache de forma totalmente gratuíta, en liña e titorizada, a adquirir as competencias dixitais intermedias que, neste momento, poden marcar a diferenza para que acades ese recoñecemento profesional que che axude a medrar.
Se te presentas ao ComDix, Formación Dixital é a túa mellor aliada. Se estás a preparar oposicións e che piden destrezas dixitais, Formación Dixital proporciónachas. Se non queres quedar atrás porque es consciente de que a transformación dixital é unha realidade que invade practicamente todos os nosos procesos diarios, Formación Dixital ten as respostas.
A familia de Formación Dixital medra cada día e xa son máis de 15.000 galegas e galegos os que escolleron este proxecto para aprender e certificar as súas competencias dixitais de nivel intermedio.
O que marca a diferenza está a tan só un clic: o que tes que facer para inscribirte desde aquí.
E agora, goza e aprende con Formación Dixital.

