• Máis de 2000 galegos e galegas participaron neste itinerario formativo, que serve para preparar o acceso ao Certificado Galego de Competencias Dixitais
  • Calquera persoa maior de 14 anos pode acceder a esta capacitación 100% online e  gratuíta, previa inscrición no portal do programa

O proxecto Formación Dixital, lanzado o pasado mes de outubro pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acumula máis de 500.000 horas impartidas e suma máis de 2.000 participantes. O curso 100% en liña, gratuíto e titorizado, serve, ademais, como base para preparar a Certificación Galega en Competencias Dixitais (ComDix).

O obxectivo do programa, destinado a máis de 45.000 persoas, é impulsar a alfabetización da sociedade galega no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030, facilitando ferramentas para que a cidadanía adquira a capacitación dixital necesaria para desenvolverse con seguridade.

Este curso de nivel intermedio, ten as inscricións abertas a través da web formaciondixital.gal. A duración máxima é de 8 semanas, ao longo das cales se ofrecen contidos teóricos e actividades prácticas de forma sinxela e titorizada.

Formación titorizada e ao ritmo do alumnado

Cada persoa pode facer o curso ao seu ritmo, a través dunha aprendizaxe guiada. Dispón de sesións simultáneas de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos. O propio alumnado é o que desenvolve o proxecto dunha forma amena e atractiva mediante contidos formativos e actividades prácticas.

Ademais dun test de autodiagnóstico e unha avaliación final o curso traballa 5 temas: Consulta e xestión da información dixital; Comunicación e colaboración; Creación de contidos dixitais; Benestar dixital: seguridade e protección e Contorna dixital e resolución de problemas.

Unha vez finalizada a formación, os participantes conseguirán un diploma acreditativo da Xunta cunha equivalencia de 250 horas e 10 ECTS.

A formación é totalmente gratuíta para o alumnado xa que está financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Next Generation da Unión Europea).

FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.