40.000 persoas. 40.000 cidadáns e cidadás a partir dos 14 anos xa escolleron Formación Dixital para acreditar os seus coñecementos en competencias dixitais intermedias. Todas elas xa poden realizar trámites dixitais con solvencia, ademais de dispoñer dun certificado que poden presentar para mellorar as súas oportunidades profesionais.
Formación Dixital é un programa en competencias dixitais intermedias da Xunta de Galicia, financiado polos Fondos Europeos Next Generation. Trátase dunha formación 100% gratuíta, 100% en liña e 100% titorizada. Ti marcas o ritmo, os titores acompáñante e non ten ningún custo.
Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos e axúdache a desenvolverte de maneira autónoma e sinxela nos diferentes procesos dixitais. Nun máximo de 8 semanas estarás en condicións de demostrar as túas destrezas en competencias dixitais.
Xa hai 40.000 persoas que elixiron Formación Dixital.
Formar parte é tan sinxelo como acceder á inscrición a través desta ligazón

