En Formación Dixital queremos adiantarnos ao Nadal e facerche un agasallo que pode ser o mellor que recibas en moito tempo.

Formación Dixital é un proxecto da Xunta de Galicia para que, en só 8 semanas de curso, poidas acreditar o teu nivel en competencias dixitais intermedias. Si, liches ben: 8 semanas e, ademais, é 100% gratuíto, 100% en liña e 100% titorizado.

Con esta formación serás capaz de resolver dixitalmente desde cuestións sinxelas do día a día ata outras máis complexas, e coñecer procesos cambiantes nun mundo no que a tecnoloxía avanza de forma practicamente inabarcable.

Ao finalizar a formación, obterás un diploma acreditativo cunha equivalencia de 250 h. (10 ECTS.) que pode abrirche moitas portas tanto a nivel persoal como profesional.

Adiántate ao Nadal, pensa en ti e no teu futuro e faite un agasallo útil, atractivo e moi práctico. O teu primeiro agasallo de Nadal está listo en canto te inscribas en Formación Dixital a través desta ligazón: https://formaciondixital.gal/gl/inscricion/

FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.