• As probas para o ComDix Intermedio terán lugar os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro
  • Para a cobertura inicial das prazas, no caso de que existan máis solicitudes ca prazas dispoñibles, terán preferencia aquelas persoas solicitantes que conten co diploma de aproveitamento do curso Formación Dixital (equivalente a 10 ECTS) de competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega.
  • As inscricións poden realizarse ata o luns 27 de outubro a través da páxina web da Rede CeMIT.

Prepararte para a obtención da Certificación galega en competencias dixitais no nivel intermedio (ComDix Intermedio) non só é doado, senón que tamén resulta especialmente atractivo se o fas con Formación Dixital.

Mérxete en Formación Dixital e, nun prazo máximo de 8 semanas, superarás un itinerario formativo que che axudará a preparar as probas para acreditar os coñecementos de nivel intermedio, que terán lugar os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro.

Aínda estás a tempo de obter o certificado ComDix Intermedio e mellorar as túas opcións profesionais, porque desde Formación Dixital axudámosche a acreditar os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional.

Formación Dixital é 100% gratuíta, 100% en liña e 100% titorizada. Ti marcas o ritmo, as persoas titoras acompáñante e non che custa nada.

Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos, e axudarache a desenvolverte de forma autónoma e solvente nos diferentes procesos dixitais.

A través de Formación Dixital traballarás contidos formativos para a preparación do ComDix Intermedio, cunha formación que abrangue as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de Competencias Dixitais.

Aprende gozando e prepárate para estar entre os mellores.

Máis de 15.000 galegas e galegos xa forman parte de Formación Dixital!

FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.