Nun mundo globalizado e especialmente competitivo, as diferenzas adoitan estar en pequenas cousas que nos fan grandes. É o caso de Formación Dixital, un proxecto formativo no que, investindo un pouco do teu tempo, podes conseguir diferenciarte do resto e mellorar a túa proxección profesional.
Formación Dixital é un programa de competencias dixitais intermedias ao que xa se sumaron máis de 25.000 persoas, que xa gozan dos coñecementos adquiridos e acreditados.
A través de Formación Dixital, podes acreditar os teus coñecementos e capacidades en competencias dixitais intermedias ante calquera administración e na túa vida diaria, para afrontar procesos cada vez máis habituais.
Mergúllate en Formación Dixital e nun prazo máximo de 8 semanas terás superado un itinerario formativo de maneira áxil e sinxela.
O proxecto da Xunta de Galicia, financiado con Fondos Europeos Next Generation, é unha formación 100 % gratuíta, 100 % en liña e 100 % titorizada. Ti marcas o ritmo, os titores acompáñante e non che custa nada.
Formación Dixital está dirixida a toda a cidadanía a partir dos 14 anos e axudarache a desenvolverte de forma autónoma e solvente nos diferentes procesos dixitais.
Aprende gozando e prepárate para diferenciarte dunha maneira sinxela, amena e práctica.

