Nun mundo no que pensamos que todo está inventado, Formación Dixital pode marcar a diferenza entre ti e o resto. En só 8 semanas, de forma totalmente gratuíta, 100% en liña e con titorización, podes distinguirte dos demais adquirindo destrezas en competencias dixitais intermedias.

Ser capaz de resolver dixitalmente desde cuestións sinxelas do día a día ata outras máis complexas, ou comprender procesos cambiantes nun mundo no que a tecnoloxía avanza a un ritmo case inabarcable, permíteche xogar con vantaxe tanto na túa vida cotiá como na túa traxectoria profesional.

Se ademais te estás a preparar para calquera proceso que requira coñecementos vinculados á transformación dixital, non o dubides: o teu mellor aliado é Formación Dixital, a formación gratuíta da Xunta de Galicia.

Milleiros de persoas xa dispoñen do certificado que os acredita en competencias dixitais intermedias a través de Formación Dixital.

O que marca a diferenza está a tan só un clic: o que tes que facer para inscribirte en Formación Dixital mediante esta ligazón: https://formaciondixital.gal/gl/inscricion/

FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.