A xente máis nova escolle as 8 semanas do proxecto Formación Dixital para reforzar as súas competencias dixitais e poder acceder ao ComDix.

O proxecto está dirixido a toda a cidadanía, a partir dos 14 anos.

O curso, 100 % en liña, gratuíto e 100 % titorizado, serve como base para preparar a Certificación Galega en Competencias Dixitais.

O programa Formación Dixital, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), resulta especialmente atractivo para a xente moza, que consegue reforzar as súas competencias dixitais en só 8 semanas, mellorando así as súas posibilidades de inserción no mercado laboral ou de promoción profesional.

O obxectivo do programa, dirixido a máis de 45.000 persoas a partir dos 14 anos, é impulsar a alfabetización dixital da sociedade galega no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030, facilitando ferramentas para que a cidadanía adquira a capacitación dixital necesaria para desenvolverse con seguridade.

O curso de nivel intermedio ten as inscricións abertas a través da web www.formaciondixital.gal. A súa duración máxima é de 8 semanas, nas que se ofrecen contidos teóricos e actividades prácticas de forma sinxela e titorizada.

Máis de 2.000 galegos e galegas xa realizaron ou están a realizar esta formación didáctica e atractiva, que pode facerse segundo a dispoñibilidade do usuario/a, dunha maneira práctica e entretida.

O CURSO DE FORMACIÓN DIXITAL

A formación ten unha duración máxima de 8 semanas, nas que o alumno/a poderá desenvolver o curso ao seu ritmo, mediante unha aprendizaxe guiada. Disporá de sesións simultáneas de acompañamento con especialistas para resolver dúbidas e retos. O curso desenvolverase dunha maneira amena e atractiva mediante contidos formativos e actividades prácticas. Para finalizalo, os participantes deberán superar obrigatoriamente o 80 % das actividades avaliables.

Ademais dun test de autodiagnóstico e unha avaliación final, o curso traballa 5 temas: Consulta e xestión da información dixital; Comunicación e colaboración; Creación de contidos dixitais; Benestar dixital: seguridade e protección; e Contorno dixital e resolución de problemas.

A formación é integramente gratuíta para o alumnado, xa que está financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Next Generation da Unión Europea), e servirá tamén como base para preparar a Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix).

FormacionDixital
RESUMEN DE PRIVACIDADE

Esta web emprega cookies para que podamos ofrecerle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza función tales como recoñecerlle cando volve á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que sección da web atopa máis interesantes e útiles.